Xoves, 30 Xaneiro 2020 | Brais

#21-Mancomún Podcast: Coñecendo a FOSDEM (Encontro libre Europeo de desenvolvedores de código aberto)

Episodio 21

FOSDEM (Encontro libre Europeo de desenvolvedores de código aberto) terá lugar o 1 e 2 de febreiro. Este é un evento gratuíto para que os desenvolvedores de software de todo o mundo podan reunirse, compartir ideas e colaborar.

Coñecendo a FOSDEM (Encontro libre Europeo de desenvolvedores de código aberto)

Organizado por voluntarios para promover o uso xeneralizado do software libre e de código aberto ten lugar na cidade de Bruxelas (Bélxica) e está amplamente recoñecida como a mellor conferencia deste tipo en Europa.

E aproveitando que o noso compañeiro Brais estivo varias veces nela, vamos coñecela a fondo e dar unha serie de consellos para os que queiran asistir por primeira vez.

00:16 – Presentación
00:57 – Coñecendo a FOSDEM
12:14 – Despedida

As músicas usadas neste programa foron:

– Canción “Street dancing” do grupo Timecrawler, CC BY

Podes subscribirte ao podcast a través do feed: http://feeds.feedburner.com/MancomunPodcast

E se queres levar os programas no teu teléfono, recomendamos usar a app AntennaPod. Aplicación libre e gratuíta coa que poder xestionar os teus podcasts favoritos (podcatcher).
En Mancomún apostamos polos formatos libres e abertos, polo tanto estes contidos estarán dispoñibles en formato Ogg e FLAC. E tamén nos gusta liberar os contidos que producimos con licenzas abertas, así que estes programas terán a licenza libre Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0.
A música que usemos tamén estará baixo este tipo de licencias (Creative Commons BY o BY-SA), apostando polos creadores que comparten os seus contidos coa comunidade.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal