OpenData Day 2020 A Coruña

Venres, 21 Febreiro 2020

O sábado 7 de marzo de 2020, a Asociación Melisa e Bricolabs organizan o “Día dos datos abertos 2020” en A Coruña.

Día dos datos abertos

O Día dos datos abertos é unha celebración anual dos datos abertos ao redor do mundo. Por décima vez na historia, grupos de todo o mundo crearán eventos locais que utilizarán datos abertos nas súas comunidades para crear aplicacións, visualizacións, liberar datos ou publicar análises.

Todos os traballos realizados son abertos para usarse e re-usarse.

No Día dos datos abertos 2020 desexan que a comunidade siga crecendo. O enfoque este ano centrarase en catro áreas craves onde os organizadores pensan que os datos abertos poden axudar:
– Datos ambientais
– Rastrexo de fluxos de diñeiro público
– Mapeo aberto
– Desenvolvemento equitativo

Localización da xornada

A xornada terá lugar na Domus – Casa do Home (rúa Ángel Rebollo, 91, 15002 A Coruña)

Ollar un mapa máis grande

Contacto

Se desexas poñerte en contacto coa organización, podes mandar un mail a info@melisa.gal

Inscrición

A entrada ás charlas e obradoiros é libre e gratuíta ata completar aforo. Non é necesaria a inscrición previa para asistir ás charlas e obradoiros.

Todas as actividades terán lugar no museo Domus – Casa do Home da Coruña.

Organizan

Asociación Melisa

Bricolabs

Colabora

Museos científicos da Coruña

Patrocinan

Esta xornada forma parte das actividades que a Asociación Melisa e Bricolabs realizan no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2020 da Xunta de Galicia.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal