Obradoiro de formación de formadores sobre contornos de programación por bloques

Mércores, 19 Febreiro 2020

En colaboración coa Industriosa, GALPon está organizando un obradoiro de formación de formadores sobre contornos de programación por bloques «Snap!», «Snap4arduino» e «microblocks».

Este obradoiro estará dirixido por Bernat Romagosa (@bromagosa).

Un pouco de historia

No seu momento, non hai moitos anos, falar de «Scratch» e de «programación con bloques» eran sinónimo un da outra; ademais falabamos sempre de liberdade. A partires da publicación da v.2.x de Scratch, esta deixou de ser «realmente» libre, xa que estaba programada en flash e dependía de «Adobe AIR» (estritamente privativo), que, por se fose pouco, deixou de estar dispoñíbel para GNU/Linux.

Nesta situación, Jens Mönig e Brian Harvey reescribiron Scratch empregando html5 e javascript, dando lugar a un «fork» realmente libre: Snap! BYOB2.

Neste monento o Scratch vai xa pola v.3.x, desta volta cun forte apoio económico por parte de Google, o que leva a que Scratch só desenvolva toda a súa potencia se se emprega no navegador ou no S.O Chrome de Google, e non existindo aínda un sistema «offline» que poida ser executado nun S.O. libre.

Pouco a pouco o Snap! foi medrando, e hoxe en día é o sistema de programación por bloques máis potente, mantendo a liberdade como bandeira e mantendo a mesma facilidade para a programación pola xente miúda, pero engadindo funcionalidades que fan que sexa axeitado para unha introdución seria á informática para estudantes de secundaria ou universidade.

A pesares do dito, Snap! segue a ser ignorado, deixándose a xente, especialmente o mestrado, levar pola «popularidade» do Scratch, e deixando de lado o concepto de liberdade.

Por todo isto, en GALPon decidiron organizar unha Conferencia/obradoiro/sesión maxistral a cargo de Bernat Romagosa, desenvolvedor dos proxectos Snap!, Snap4arduino co padriñazgo de EDC3 (Education Development Center) e BJC4 (The Beauty and Joy of Computing) así como do MicroBlocks.

Nesta xornada desenvolverase unha lección teórica sobre Snap e Snap4arduino e a seguir unha sesión práctica de MicroBlocks con placas micro:bit5 e CPX6.

Estrutura do obradoiro

A xornada dividirase en dúas partes.

Na primeira, farase unha sesión divulgativa (relatorio + demos) sobre Snap!, que incluirá Snap4Arduino.

Na segunda desenvolveremos un obradoiro práctico con MicroBlocks, con menos «leria» e máis «cacharreo».

Horarios

Data: Sábado 4 abril 2020
Relatorio de: 10.00- 12.30
Hora inicio obradoiro: 12.30
Hora fin: 18.30
Duración total: 8.30 horas (incluído o tempo do xantar)

Prazas dispoñíbeis: 40

Lugar: Salón de Actos do Centro Cívico de Teis. Oficina Municipal de Distrito, entre Camiño Cancelo, Rúa Maceiras e Rúa dos Irmáns Misioneiros dos Enfermos Pobres.

Como chegar

Importante: Accederemos directamente ao Salón de Actos polo acceso da Rúa dos Irmáns Misioneiros dos Enfermos Pobres, 12 (anteriormente Rúa de Pedro Alvarado) á beira do pabellón de deportes.

Mapa de situación

Requisitos de asistencia

Os participantes teñen que traer o seu propio computador portátil (ver na parte final desta nota as Recomendacións técnicas, relativas ao software a empregar).

Inscrición

De balde, e imprescindíbel que cubrades a folla de inscrición, a data límite será o 2 de abril, sempre que non se esgoten as parazas antes.

Recomendacións técnicas:

Recomendámoslle a todos os asistentes que, a fin de evitar perdas de tempo e problemas na rede wifi, leven instalado o software que se vai empregar

Máis información técnica na web de GALPon.

Coa colaboración de

Espazo cedido gratuitamente polo Concello de Vigo coa colaboración da Concellería de Participación Cidadá.

Este obradoiro forma parte das actividades que GALPon realiza no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2020 da Xunta de Galicia.

Máis información na nova de GALPon

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal