The Document Foundation anuncia a dispoñibilidade de LibreOffice 6.4, nova versión que proporciona un mellor rendemento, especialmente coas follas de cálculo e presentacións, e unha mellor compatibilidade con arquivos DOCX, XLSX e PPTX.

LibreOffice 6.4 conta con outras novidades como melloras na interface de usuario, soporte para compilación máis rápida, eliminación do plugin GTK2 VCL e melloras no filtro de importación/exportación.

Máis características destacadas:
– Engadíronse iconas da aplicación ás miniaturas dos documentos dentro do Centro de Inicio.
– Xerador de códigos QR.
– Os menús contextuais de ligazóns unificáronse en toda a suite.
– Función de Redacción Automática que permite ocultar datos clasificados ou sensibles nun documento baseándose nas coincidencias de texto ou de expresións regulares.
– O sistema de axuda proporciona resultados de procura máis rápidos e precisos e moitas páxinas de axuda teñen capturas de pantalla localizadas.
– Mellorouse a copia, cortado e pegado de táboas, cunha nova opción do menú Pegado especial “Pegar como táboa aniñada”.
– As follas de cálculo pódense exportar a unha soa páxina PDF.
– Melloras en LibreOffice Online

Podedes ver un vídeo coas principais novidades de LibreOffice 6.4 nesta ligazón.

The Document Foundation conta con varias versións da súa suite de ofimática, LibreOffice.

Xa se está a desenvolver tamén LibreOffice 7.0, unha actualización importante que verá a luz tras a v6.4 (non contaremos con versión 6.5, pasando directamente á 7.0).

LibreOffice 7.0 chegará máis tarde, durante o 2020 co novo código Skia substituíndo a Cairo e soporte para Vulkan.

A librería de gráficos Skia estivo en desenvolvemento por Google durante máis dunha década e é utilizada pola navegador web Chrome e outros proxectos.

Skia é compatible coa rasterización baseada na CPU, así como coa aceleración da GPU a través de OpenGL e outras API. Skia tamén ten un back-end de GPU Vulkan.

The Document Foundation non recomendará a nova versión en equipos de produción ata que reciba polo menos 4 ou 5 actualizacións de mantemento.

Máis información na páxina oficial dos cambios

Pin It on Pinterest

Share This