Novas

  • Velumap, monitorización da vespa velutina [Ler máis...]
  • OpenStreetMap cumpre 15 anos [Ler máis...]
  • Dispoñible Ubuntu 18.04.3 LTS [Ler máis...]
  • Lanzado Red Hat Enterprise 7.7 [Ler máis...]
  • Wikimedia España e COBDCV firman convenio para promover o coñecemento libre [Ler máis...]
  • Últimos meses para presentarse ao Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre [Ler máis...]
  • Liberada XFCE 4.14 completamente traducida ao galego e migrada a GTK3 [Ler máis...]
  • #10-Mancomún Podcast, Podcasts que falan sobre Software Libre [Ler máis...]
  • #11-Mancomún Podcast, Blogs sobre Software Libre [Ler máis...]
  • #12-Mancomún Podcast: Aniversario de OpenStreetMap [Ler máis...]
  • #13-Mancomún Podcast: Webs sobre Software libre e Cultura libre [Ler máis...]

Formación/Eventos

Caso de éxito

Proxecto destacado

logo Caso de éxito logo Proxecto destacado

Cidade de Montreal

Kubernetes

Kubernetes conta con unha morea de casos de éxito, na páxina web do propio proxecto contan con un apartado sobre eles. O caso que nos ocupa neste boletín trátase da cidade de Montreal. Na administración da cidade quebequesa contaban con un parque informático grande e moi heteroxéneo con numerosas pezas vellas onde se fixo imprescindible optar pola virtualización da man de contedores empregando Docker.

Enseguida se fixo necesario algún sistema de orquestración e o escollido foi Kubernetes. O resultado despois do tempo de transición foi un cambio moi grande á hora de realizar calquera despregue, cando antes tardaban meses agora redúcese a unhas horas. O uso de Kubernetes non só axudou a ter uns funcionamento máis rápido, senón que diminuíu tanto a complexidade coma o número de hardware empregado nos sistemas de información da cidade.

Kubernetes é unha plataforma libre de orquestración, automatización de despregue de servizos informáticos e xestión de contedores. Foi inicialmente desenvolvida por Google no 2014 e actualmente está xestionada pola Cloud Native Computing Foundation. Está programado fundamentalmente na linguaxe Go e licenciado baixo Apache 2.0.

Mediante Kubernetes pódese proporcionar un servizo de descubrimento, balanceador de carga, orquestración de almacenamento, automatización de creación, destrución e reinicio de contedores, así como a xestión da configuración e información confidencial dun xeito seguro.

Segue a

Vallery Lancey (@vllry)
Enxeñeira Informática, contribuidora no proxecto de Kubernetes e embaixadora de CNCF (Cloud Native Foundation)

Pode consultar os anteriores boletíns no seu formato online a través da seguinte ligazón.

Oficina de Coordinación de Software Libre

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia - Xunta de Galicia

software.libre@xunta.es - 881 995 600