Anunciada a Linux App Summit 2019 en Barcelona

Luns, 5 Agosto 2019

As comunidades de GNOME e KDE anunciaron conxuntamente unha nova edición do Linux App Summit 2019, durante os días 12, 13, 14 e 15 de novembro, en Barcelona.

Linux App Summit

O Linux App Summit, anteriormente chamado Libre Application Summit, é unha conferencia enfocada en fortalecer o ecosistema de aplicacións libres en Linux, co obxetivo da creación de aplicacións de calidade, busca tamén visibilizar aos desenvolvedores de software libre e fomentar un mercado próspero para o sistema operativo Linux.


É un encontro centrado nos desenvolvedores, aínda que pode pasarse por el toda a xente interesada.
As edicións anteriores celebráronse en Portland e Denver. Este ano Barcelona foi elixida como lugar de celebración debido ao crecente interese internacional.


Autoría imaxe: Foto de Vitor Monteiro on Unsplash

GNOME e KDE, están entusiasmadas coas posibilidades do esforzo conxunto da organización e desenvolvemento de aplicacións para Linux, non permanecendo pasivas, senón liderando e planificando cara o futuro.

Call for Participation


Os interesados, xa poden enviar as súas propostas de charlas ata o 31 de agosto. Os temas van desde a creación de aplicacións, pasando polo empaquetado e distribución, deseño e usabilidade, comercialización, comunidade, plataforma e ecosistema de aplicacións Linux.

Máis información

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal