O concurso de fotografía Wiki Loves Monuments volve en setembro do 2019 para documentar e preservar o patrimonio cultural. Coas fotografías participantes damos maior visibilidade á historia da humanidade na contorna dixital, liberando de forma masiva as imaxes en Wikimedia Commons (repositorio libre de arquivos multimedia).

Non existe límite no número de fotografías coas que podes participar e podes utilizar calquera cámara.

Concederanse varios premios ás mellores fotografías. Ademais, as dez imaxes mellores de cada país pasarán á fase internacional do concurso, que conta cos seus propios premios e recoñecementos.

Imaxe finalista da edición global 2018: Petra Al-Kaznah by Night, de Mustafa Waad Saeed con licenza CC BY-SA 4.0, desde Wikimedia Commons.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This