Liberada XFCE 4.14 completamente traducida ao galego e migrada a GTK3

Luns, 19 Agosto 2019

Xfce 4.14 (escritorio lixeiro que usa recursos mínimos do sistema, perfecto para máquinas cativas ou antigas) chega despois de catro anos de desenvolvemento e varias versións previas.

Trae, como gran novidade, a migración a GTK3.

Esta versión conta coa tradución ao galego do 100%. Incluso a web xfce.org está dispoñible tamén en galego.

Outros cambios importantes serían a adopción de GDBus, o soporte de GObject Introspection, Vsync a través de OpenGL e HiDPI.
Xfce 4.14 mantense fiel ao seu estilo espartano, de corte clásico pero personalizable e estable.

Novidades

– Soporte para libepoxy e DRI3 / Present.
– GLX en lugar de Xrender.
– Procesamento de sincronización mellorado con pulso de supresión de trama (vblank).
– Novas capacidades de escalado de GTK3, que permitiron mellorar o traballo en pantallas con alta densidade de píxeles (HiDPI).
– Soporte para o sistema de entrada XInput2.
– Introduciu un novo tema de deseño.
– Novo backend de colord ao configurador xfce4-settings para configurar a representación de cor correcta utilizando perfís de cor.


– Novas clases de estilo CSS para usar na creación de temas.
– O administrador de sesións xfce4-session proporciona soporte para iniciar aplicacións.
– Interface de administración de enerxía mellorada (xfce4-power-manager).
– Agora pódense asignar controladores para realizar accións definidas polo usuario.
– O complemento de control de son agora ten soporte para o protocolo MPRIS2 (control remoto da reprodución en reprodutores multimedia).
– É posible usar teclas multimedia en todo o escritorio.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal