Wikimedia España e COBDCV firman convenio para promover o coñecemento libre

Venres, 16 Agosto 2019

Wikimedia España e o Col-legi Oficial de Bibliotecaris i Documentalistes de la Comunitat Valenciana (COBDCV) asinaron o 26 de xullo de 2019 un convenio de colaboración para promover as tecnoloxías da información e a formación técnica en coñecemento libre no sector da biblioteconomía e a documentación.

Imagen de Millars con licencia CC BY-SA 4.0, desde Wikimedia Commons

Sobre Wikimedia España

Wikimedia España é unha asociación sen ánimo de lucro, que busca a difusión do coñecemento libre, organizando actividades e impulsan proxectos para a creación e difusión de contidos libres e que promove tanto a difusión da Wikipedia como dos proxectos colaborativos da Wikimedia (Wikcionario, Wikiquote, Wikilibros, Wikisource, Wikimedia Commons, Wikiespecies, Wikinoticias e Wikiversidad) apoiando o libre acceso, uso, estudo, modificación e redistribución do coñecemento deles.

As súas actividades baséanse no traballo voluntario dos seus socios, patrocinadores e colaboradores. Propoñen como obxectivo, gozar da libre circulación e universalización do saber humano.


Algunhas das iniciativas que levan a cabo:

– Contactar e perfeccionar convenios de colaboración con organismos públicos como bibliotecas, museos ou universidades ou privados, como Fundacións, Asociacións e outros.
– Organización de eventos, encontros, ciclos formativos, etc
– Obtención de axudas económicas ou materiais para a realización dos seus obxectivos
– Dixitalización e creación de contidos
– Aloxamento de proxectos Wiki
– Tarefas de prensa e difusión

Sobre o COBDCV

O COBDCV ten como obxectivos:
– Promover o recoñecemento e o desenvolvemento profesional tanto no ámbito da administración pública como no da empresa privada, así como o correcto exercicio da profesión.
– A formación constante que os consolide como sector actualizado e innovador.
– A mellora dos servizos aos colexiados.
– O incremento da presenza do COBDCV na sociedade valenciana, co obxectivo de chegar a todos os recunchos e crear un COBDCV cohesionado e imprescindible para todos e todas as colexiadas.

Convenio de colaboración

Con este convenio establécese un marco de actuación para a colaboración entre ambas entidades, poñendo o foco en actividades dirixidas a difundir o uso das tecnoloxías da información no ámbito do ensino superior e continuo.

Prevese a organización e realización de cursos, seminarios, reunións ou xornadas destinados a potenciar a formación e a investigación e estanse xa planificando catro sesións de formación na Wikipedia para profesionais da biblioteconomía e a documentación, que terán lugar en distintas cidades da Comunidade Valenciana.

Tamén estase organizando a participación conxunta na campaña global #1Lib1Ref, que fomenta as contribucións de bibliotecarios e bibliotecarias en Wikipedia engadindo referencias en artigos da enciclopedia para mellorar a súa verificación.

O COBDCV e Amical Wikimedia asinaron no mesmo momento un convenio similar para regular a colaboración entre as súas organizacións. Desta maneira, expándense as posibilidades de colaboración entre as tres organizacións.


Amical Wikimedia é unha organización sen ánimo de lucro recoñecida como unha organización temática de Wikimedia, centrada na lingua e a cultura catalás.

Máis información

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal