O sábado 28 de setembro, en horario de 11.00 a 13.30, Bricolabs organiza o “Taller de introdución a QGIS, edición de mapas e datos xeográficos” dentro das sesións “entre Tuxes”, os cales forman parte do programa de actividades da OSHWDem 2019.

Localización

O obradoiro terá lugar no Espazo Maker de Bricolabs, no museo Domus – Casa do Home de A Coruña.


Ollar un mapa máis grande

QGIS


Autoría da imaxe: De QGIS – https://www.qgis.org/en/site/getinvolved/styleguide.html, CC BY 3.0, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=58405293

Descrición

Obradoiro impartido por Miguel Ángel Rodríguez Muíños (@mianromu no twitter).

Unha parte importante da información que recollemos habitualmente é susceptible de representarse e analizarse espacialmente (direccións, coordenadas, localizacións, …)

Os GIS (Geographical Information System) son ferramentas que permiten aos usuarios analizar a información espacial, crear consultas interactivas, editar datos, mapas e presentar resultados de todas estas operacións.

QGIS é o Sistema de Información Xeográfica, libre, multiplataforma e de código aberto, de referencia.

Neste taller aprenderemos o manexo básico de QGIS.

Material necesario

Para o adecuado seguimento do mesmo é recomendable (aínda que non imprescindible) traer un ordenador (o sistema operativo é indiferente) que teña instalado QGIS en calquera das súas versións.

Descarga de QGIS:
https://www.qgis.org/es/site/forusers/download.html

Inscrición

Este taller está dirixido a maiores de 18 anos e a menores de idade (a partir de 14 anos, pero acompañados dun adulto durante toda a xornada).

Os obradoiros de “entre Tuxes” en Bricolabs son libres e gratuítos, pero existe aforo limitado (15 prazas).

Para asistir a eles é necesaria a inscrición previa, a través dos formularios que atoparedes nas webs dos respectivos obradoiros, a partir do momento que a organización abra o prazo de inscrición (de momento non se abriu):
– Taller de iniciación a QGIS

Abrirase o formulario de inscrición, a través da web mencionada, uns días antes do taller.

Permanecede atentos ao twitter e podcast de Bricolabs para estar informados e conseguir a vosa praza:
Twitter
@Brico_ Labs

Podcast
https://arquive.org/details/BricolabsPodcast
https://open.spotify.com/show/3R6do31uhjYDg2y2K1wWqo?si=Mr2Yt6YcRR2pDeJtuGfLpA
Feed de suscrición do podcast:
http://feeds.feedburner.com/bricolabspodcast

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This