O próximo sábado, 10 de agosto, celébrase a 15ª festa de aniversario de OpenStreetMap en cidades de todo o mundo. Nalgunhas cidades, a xente reunirase o día 11 ou unha semana despois.

OpenStreetMap

OpenStreetMap (tamén coñecido como OSM) é un proxecto colaborativo para crear mapas editables e libres (dunha forma parecida como se crea a Wikipedia).

Autoría da imaxe: De Ken Vermette – https://wiki.openstreetmap.org/wiki/File:Public-images-osm_logo.svg , CC BY-SA 3.0

Os mapas créanse utilizando información xeográfica capturada con dispositivos GPS móbiles, ortofotografías (fotos de satélite) e outras fontes libres. Esta cartografía, distribúese baixo unha licenza aberta: Licenza Aberta de Bases de Datos (en inglés ODbL).

Por países o maior número de edicións proveñen de Alemaña, EE.UU., Rusia, Francia e Italia.

Os usuarios rexistrados poden subir as súas trazas desde o GPS e crear e corrixir datos vectoriais mediante ferramentas de edición. O tamaño da base de datos (chamada planet.osm) situábase en xullo de 2017 por encima dos 800 gigabytes.

Como organizar unha festa de aniversarios de OSM

Na wiki de OSM cóntannos como organizar a festa e puntos que temos que ter en conta para axudar á comunidade:
– Non é necesario pedirlle a ningunha persoa que dirixa o evento.
– Contacte aos OSM na súa área e fale entre vostedes. Decidan entre vostedes o que queren facer.
– Pode ser tan grande ou tan pequeno como queiras. Unhas cantas persoas reúnense para comer ou beber algo, ou para un evento masivo.
– Convocar a novas persoas! Pode ser unha boa maneira de difundir información sobre OSM.  Promociona o teu evento.
– Vostede pode facer / ordenar un pastel de aniversario. Vexa exemplos anteriores de pasteis OSM para inspirarse. Non esquezas a atribución!


– Se tomas fotos, podes compartilas aquí despois.
– Edita esta páxina wiki e pon os detalles do teu evento nela.
– Lembre un principio básico de  OSM: Divírtase!

Eventos dos aniversarios

Estas son, de momento, as localidades onde se organizan as festas:

Xapón
Kitakata,  Fukushima
Kioto, Kioto

Filipinas
Kapitolyo,  Pasig, Metro Manila

Bielorrusia
Minsk

Hungría
Budapest

Francia
Massy

Alemaña
Berlín
Karlsruhe

Estados Unidos
Washington, D. C.
San José
Seattle
Grand Junction, CO

Brasil
Fortaleza-CE

Quenia
Map Kibera
Nairobi Quenia

India
Bangalore, India

#12 – Mancomún Podcast: Aniversario de Open Street Map

En Mancomún, non vamos organizar unha festa este sábado, pero si que gravamos un podcast especial sobre OSM para coñecer mellor o proxecto e os ámbitos onde se usa contando coa colaboración de Pablo Sanxiao, Fran Puga e Antón Amado.

Pablo leva varios aos dando charlas e talleres de introdución a OpenStreetMap e sobre cartografía colaborativa. Ademais, tamén nos fala sobre a vertente humanitaria de OSM, a través do grupo HOT (Equipo Humanitario de OpenStreetMap) e dos mapathones que organizan.

Con Fran, descubrimos como explotar os datos xeográficos e sacarlles máis partido con ferramentas dixitais para a súa visualización e análise.

E finalmente con Antón, vemos as posibilidades de OpenStreetMap aplicado ao mundo das Tecnoloxías e Sistemas de Información Xeográfica en proxectos de Cooperación para o Desenvolvemento.

Aniversario de OpenStreetMap

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This