Venres, 9 Agosto 2019 | Pablo Sanxiao, Francisco Puga e Antón Amado

#12-Mancomún Podcast: Aniversario de OpenStreetMap

Episodio 12

O sábado 10 de agosto, OpenStreetMap (OSM) celebra o seu 15º aniversario.

Aniversario de OpenStreetMap

Por iso, imos charlar nesta ocasión con Pablo Sanxiao @psanxiao, Francisco Puga @fpuga e Antón Amado  para coñecer en que consiste este proxecto libre, como podemos utilizar os datos que nos proporciona e como proxectos de cooperación e Axuda Humanitaria, benefícianse del.

Pablo leva varios anos dando charlas e talleres de introdución a OpenStreetMap e sobre cartografía colaborativa.

00:16 – Presentación
00:47 – Pablo Sanxiao, introdúcenos a OpenStreetMap
09:30 – Francisco Puga, desenvolvedor informático, cóntanos como explotar os datos de OSM
13:58 – Antón Amado, comenta cales son as ventaxas do OSM á hora de utilizarse en proxectos de Cooperación
18:24 – Despedida

Enlaces mencionandos no programa

Pablo Sanxiao
https://twitter.com/psanxiao

Francisco Puga
https://twitter.com/fpuga/

Antón Amado
https://www.linkedin.com/in/antonamadopousa

Web de OpenStreetMap
https://www.openstreetmap.org

Wiki de OSM
https://wiki.openstreetmap.org/wiki/ES:P%C3%A1gina_principal

Web con tutoriais sobre OSM
https://learnosm.org/es/

HOT (Equipo Humanitario de OpenStreetMap)
https://www.hotosm.org/

Exemplo de Maphaton humanitario:
http://icarto.es/2016/04/resultados-del-taller-de-mapeo-humanitario-inundaciones-mozambique/

Taller de mapeo das zonas afectadas polas inundacións da bacía do Messalo, Mozambique:
https://cooperacion.xunta.gal/gl/outras-novas/taller-de-mapeo-das-zonas-afectadas-polas-inundacions-da-bacia-do-messalo-mozambique

JOSM
https://josm.openstreetmap.de/

Overpass
https://wiki.openstreetmap.org/wiki/Overpass_API

Overpass-turbo
https://overpass-turbo.eu/

Proxecto de Cooperación onde se usaron mapas de OSM:
http://icarto.es/sixhiara/

As músicas usadas neste programa foron:
– Canción “Street dancing” do grupo Timecrawler, CC BY
– Efectos sonoros de Freesound

Máis información sobre OSM na nova de Mancomún: OpenStreetMap cumpre 15 anos

Podes subscribirte ao podcast a través do feed: http://feeds.feedburner.com/MancomunPodcast

E se queres levar os programas no teu teléfono, recomendamos usar a app AntennaPod. Aplicación libre e gratuíta coa que poder xestionar os teus podcasts favoritos (podcatcher).
En Mancomún apostamos polos formatos libres e abertos, polo tanto estes contidos estarán dispoñibles en formato Ogg e FLAC. E tamén nos gusta liberar os contidos que producimos con licenzas abertas, así que estes programas terán a licenza libre Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0.
A música que usemos tamén estará baixo este tipo de licencias (Creative Commons BY o BY-SA), apostando polos creadores que comparten os seus contidos coa comunidade.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal