• O prazo de presentación de candidaturas estará aberto ata o día 30 de setembro de 2019
  • Pode presentarse calquera estudante do Sistema Universitario Galego que teña defendido o seu Traballo de Fin de Grao ou Traballo de Fin de Mestrado nalgunha das convocatorias do ano académico 2018-2019

O premio está convocado pola Oficina de Software Libre do CIXUG (Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións para a Xestión Universitaria) e ten unha dotación de 2.250 euros en total. Repartidos nun primeiro premio de 1.500€ e nun segundo de 750 euros, grazas á achega do CIXUG, e do Grupo de programadores e usuarios de Linux (GPUL), respectivamente. Ambas entidades son patrocinadoras do premio no marco dos convenios de colaboración asinados coa Amtega para a realización de actividades de promoción do Software Libre en Galicia.

O vindeiro día 30 de setembro é cando se pecha o prazo para inscribirse no Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre, ao que pode optar todo estudante do Sistema Universitario Galego que teña defendido o seu Proxecto de Fin de Carreira, Traballo de Fin de Grao ou Traballo de Fin de Mestrado cunha nota mínima de 5.0, nalgunha das convocatorias do ano académico 2018-2019, sempre que o proxecto teña unha licenza libre. Polo que aqueles alumnos que presenten o seu proxecto universitario na convocatoria de setembro aínda están a tempo de inscribirse.

O proceso de inscrición está explicado na páxina do premio no portal de Mancomún, onde tamén se poden ler entrevistas aos gañadores de edicións anteriores.

Material de apoio para aspirantes

Lembramos tamén que a través da wiki do portal Mancomún hai a disposición de todo o mundo material de apoio encamiñado aos aspirantes no que se comentan diversos aspectos a ter en conta nos proxectos de software libre, como o correcto licenciamento do proxecto ou as ferramentas que debería ter un proxecto de software libre para facilitar a creación dunha comunidade ao seu redor, como poden ser listas de correo, un repositorio público co código fonte…

Pin It on Pinterest

Share This