Presentación
Convocatoria cerrada
O Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre ten como meta o fomento e o achegamento dos universitarios galegos ao software libre, incrementando o coñecemento que estes teñan sobre este tipo de tecnoloxías e en consecuencia abríndolles as portas a novas posibilidades de emprego de calidade relacionado coas tecnoloxías da información e da comunicación.
Pode optar a este premio calquera estudante do Sistema Universitario Galego que teña defendido o seu Proxecto de Fin de Carreira, Traballo de Grao ou Traballo de Fin de Mestrado Universitario, cunha nota mínima de 5.0, nalgunha das convocatorias do curso académico 2021-2022, que cumpra cos criterios definidos nas bases do premio.
Prazo e requisitos de inscrición
As e os estudantes interesados en participar neste premio deben seguir todos os pasos requiridos nas bases do premio antes da data límite (7 de outubro).
- Inscribir o proxecto na forxa de mancomún no tópico “Concursos > Premio ao mellor PFC con Software Libre > 2022“. Lembre que a aprobación dun novo proxecto na Forxa é manual e pode tardar ata 72h, téñao en conta para os prazos de inscrición.
- Entregar unha memoria (máximo 10 páxinas) explicativa dos aspectos específicos do Software Libre e actividade pública do proxecto. A memoria deberá publicarse na sección Documentos do proxecto na Forxa.
- Darse de alta na lista de correo do premio onde se resolverán todas as dúbidas que poidan ter os participantes, así como se realizará a coordinación do acto de resolución do premio.
- Cubrir o formulario de inscrición.
Orixe do premio
Este premio ten a súa orixe no ano 2007 da man da empresa galega Igalia, quen ao detectar unha importante carencia de profesionais cunha alta especialización neste área decidiu poñer o seu gran de area para reducir esa falla poñendo en marcha este premio.
Dende o curso 2011-2012 este premio forma parte do Plan de Acción en materia de Software Libre da Amtega, para o que conta coa colaboración e apoio dos distintos axentes do ecosistema do software libre galego dentro da estratexia global e integradora transversal a todas as actuacións de dito Plan de Acción.
Dende o curso 2012-2013 a Oficina de Software Libre do CIXUG colabora na organización do premio dada a súa integración no Sistema Universitario De Galicia e sendo o estudantado universitario os seus destinatarios, o que permite incrementar o achegamento aos estudantes.
FAQS
Consulta as FAQS para resolver as túas dúbidas.
Documentación de apoio
Material de axuda para desenvolver o proxecto acorde aos criterios que se valoran no premio, os principios de traballo do software libre.