Premio ao mellor proxecto universitario libre 2017

Libera o teu proxecto Fin de Carreira, traballo de Fin de Grao ou traballo de Fin de Master como Software Libre e participa!

Ata o 30 de setembro!

Inscríbete xa!!
Gañadores da 9ª edición

Gañador

  • Nome: José Ángel Piñeiro Souto
  • Titulación: Máster en Tecnoloxías da Información – USC
  • Proxecto: Caléndula, un asistente para a xestión persoal da medicación
  • Descrición: Ferramenta para a xestión persoal da medicación e a mellora da adherencia, integrada na operativa das oficinas de farmacia a través da Folla de Medicación Activa e do Plan de Dispensación.

Segundo premio

  • Nome: Oscar Blanco Nóvoa
  • Titulación: Grao en Enxeñaría Informática – UDC
  • Proxecto: Sistema domótico para xestión enerxética.
  • Descrición: Sistema domótico para a xestión enerxética intelixente do fogar, que permite aforrar custes a través dun algoritmo de planificación que fai uso dos datos de custe horario da enerxía publicados por REE.
Gañadores da 8ª edición

 Gañador

  • Nome: Xoan Iago Suárez Canosa.
  • Titulación: Grao en Enxeñaría Informática
  • Proxecto: Aplicación web para a Análise do comportamento humano en zonas transitadas
  • Descrición: Aplicación que se encarga de detectar a todos aqueles obxectos ou persoas que aparecen nunha secuencia de vídeo, aplicando un algoritmo para medir o “grao de anormalidade” da súa conduta, en base aos movementos que realizan.

Entrevista a Iago Suárez

“Dende a miña experiencia recoméndolles a todos os estudantes que publiquen o seu software baixo unha licenza libre, xa que isto supón un impulso á comunidade e ademais posibilita que se poida recoñecer o traballo realizado mediante premios coma este”

Segundo premio

  • Nome: Pablo Grela Palleiro
  • Titulación: Enxeñaría Informática – UDC
  • Proxecto: Sistema de xestión de asociados de CuacFM.
  • Descrición: Trátase dun sistema de xestión de socios que inclúe pagos a través de paypal, remesas bancarias conforme á norma SEPA, así como en efectivo. Tamén posúe un xestor de actividades tales como formación e programas.
Gañadores da 7ª edición

Gañador

  • Nome: Vreixo González Caneda
  • Titulación: Grao en Informática, UDC.
  • Proxecto: Aplicativo de cálculo de rutas en transporte público con software libre
  • Descrición: O proxecto consistiu no desenvolvemento dun aplicativo para o sistema operativo Android, que ofrece cálculo multimodal de rutas en distintos medios de transporte publico, a pé e en bicicleta co obxectivo de servir de ferramenta de busca das mellores rutas.

Entrevista a Vreixo González

“Penso que o desenvolvemento de software libre me axudou de cara a ter un repositorio público no que poder ensinar todo o meu código e así poder mostrar os meus coñecementos.”

Segundo premio


Entrevista a Iago Veloso

“Facer un proxecto leva moitas horas de traballo, supoño que a todos nos gustaría que este esforzo sirva para algo e liberándoo consegues que outros desenvolvedores poidan contribuír ou adaptar o teu traballo.”

Gañadores da 6ª edición

Gañador

  • Nome: Pablo Belay Fernández
  • Titulación: Facultade de Informática. Universidade de A Coruña
  • Proxecto: Xeopesca
  • Descrición:  Xeopesca é unha aplicación web que permite crear un rexistro das faenas pesqueiras e asocialas ás variables meteorolóxicas e xeográficas que máis inflúen no comportamento dos seres mariños. Isto converte a aplicación nun compendio da experiencia pesqueira que pode ser de gran valor para os patróns dos barcos, que saberán cales son os puntos con maior probabilidade de pesca en función das condicións meteorolóxicas de cada día.

Segundo premio

  • Nome:   Esperanza Natalia González
  • Titulación: Facultade de Belas Artes. Universidade de Vigo.
  • Proxecto: Abioxénese
  • Descrición: Trátase dunha instalación interactiva do ámbito das belas artes, e consiste nunha instalación interactiva que responde aos movementos do espectador xerando visuais e música segundo ditos movementos. Esta instalación estivo en funcionamento no Pazo da Cultura de Pontevedra dentro da exposición “Do final e do comezo” dende o 14 de xuño ata o 1 de setembro de 2013.

 

Entrevista a Esperanza González

“Diríalle aos estudantes que fixeran o seu proxecto con Software Libre e se empapasen da filosofía que o sustenta, pois precisamente as súas bases son o amor polo coñecemento e por compartilo e o estímulo á curiosidade e a aprendizaxe autónoma.”

Gañadores da 5ª edición

José Millán Soto foi o gañador do Premio ao Mellor Proxecto Fin de Carreira con Software Libre

Gañador

  • Nome: José Millán Soto
  • Titulación: Enxeñería Informática. Facultade de Informática da UDC.
  • Proxecto: Soporte de Accesibilidade nas Aplicacións KDE
  • Descrición: Proxecto para dotar ao contorno de KDE das capacidades básicas de accesibilidade das que carecía, empregando como referencia os aplicativos Dolphin (xestor de ficheiros), Kmail (xestor de correo) e Kopete (xestor de mensaxería instantánea). Desta forma será posible que sexan empregadas por persoas con algún tipo de diversidade funcional que lles impida ou dificulte o uso de ferramentas informáticas (discapacidades visuais, auditivas, etc.)

Entrevista a José Millán

“Creo que a miña participación do premio me axudou, ao permitirme desenvolverme con soltura nos fluxos de traballo habituais no Software Libre.”

“Mención especial á promoción da lingua galega nas TIC”

Gañadores da 4ª edición

Gañador

Accésit

  • Nome: Alberto Silva López
  • Titulación: Grao en Informática, Universidade de Santiago.
  • Proxecto: Servizo xerador de escenas 3D a partires de provedores de datos OGC
  • Descrición: Servizo de xeración de escenas en 3D, a partires de provedores de datos que cumplen os estándares do Open Geospatial Consortium. Permite a inclusión de capas WMS, coberturas WCS e entidades xeográficas WFS de tipo punto dentro das escenas.

Mención de honra

Gañadores da 3ª edición

Gañador

Entrevista a Sabela Ramos

“Recomendaríalles aos alumnos, non só que fixesen o PFC con Software Libre, senón que aproveitasen para facer as súas achegas a distintos proxectos e publicar os seus traballos”.

Accésit

  • Nome: Carlos López Pérez
  • Titulación:  Enxeñería Técnica Informática de Sistemas, Facultade de Informática da UDC.
  • Proxecto: UGABI: Ubalda Gestor de Ancho de Banda Inalámbrico
  • Descrición:  Xestor de ancho de banda inarámico. Un router tipo portal cautivo con control de usuarios para o acceso a Internet.
Gañadores da 2ª edición

Gañador

  • Nome: Miguel Álvarez Úbeda
  • Titulación: Enxeñería Técnica Informática de Xestión. Facultade de Informática da UDC
  • Proxecto: Herramientas de análisis de redes
  • Descrición: Ferramenta que extende a funcionalidade do gvSIG para permitir facer cálculos de análisis de calquera rede. Por exemplo a rede de estradas, a rede eléctrica ou a rede de abastecemento de auga.

Accésit

  • Nome: Orlando García Feal
  • Titulación: Enxeñería Técnica en Informática de Xestión, Universidade de Vigo
  • Proxecto: Katmus
  • Descrición: Aplicación para a transcripción musical asistida, creada con C++ e QT4 para GNU/Linux. Consta dun editor de partituras, un visualizador de onda de audio, un sistema de plugins e unha serie ferramentas de análise.

Mención de honra

  • Nome: Diego Pérez Montes
  • Titulación: Enxeñería Técnica en Informática de Xestión, Universidade de Vigo
  • Proxecto: ASTRA: Advanced Sphinx TRAiner
  • Descrición: Software de xestión avanzada (audio, diccionario, fonemas…) dos proxectos de recoñecemento de voz do motor Sphinx-III.
Gañadores da 1ª edición

Resolto o I Premio ao Mellor Proxecto Fin de Carreira con Software Libre

Gañador

  • Nome: Adrián Fraga Fernandez
  • Titulación: Enxeñería Informática. Facultade de Informática da UDC
  • Proxecto: Desenvolvemento dunha linguaxe de ficción interactiva
  • Descrición: O proxecto Orb propón unha nova linguaxe de ficción interactiva, que permite o desenvolvemento de mundos virtuais neste campo. O proxecto inclúe un compilador para esta nova linguaxe, con saída a linguaxe Java.

Accésit

  • Nome: Manuel Rodríguez Fernández
  • Titulación: Enxeñería Informática. Escola Superior de Enxeñería Informática da Uvigo
  • Proxecto: Inmoble virtual
  • Descrición: Trátase dun portal inmobiliario desenvolvido coas tecnoloxías AJAX e dotado de presentación de datos sobre mapas Google vía satélite.

Mención de honra

  • Nome: Andrés Vieites Pérez
  • Titulación: Enxeñería Informática. Facultade de Informática da UDC
  • Proxecto: Ferramenta para realización de exame web
  • Descrición: O proxecto céntrase no desenvolvemento dunha aplicación que permita realizar exames a través da web e que facilite a corrección dos mesmos. A aplicación terá tres módulos: administrador, profesor e estudante.

 

FAQS

Consulta as FAQS para resolver as túas dúbidas.

Documentación de apoio

Material de axuda para desenvolver o proxecto acorde aos criterios que se valoran no premio, os principios de traballo do software libre.

Pin It on Pinterest