Xa se pode descargar Ubuntu 18.04.3 LTS (Bionic Beaver), a nova actualización de mantemento da actual versión de soporte estendido da distribución de Canonical.
Esta versión recolle todas as correccións publicadas desde o lanzamento de Ubuntu 18.04 LTS en abril de 2018.

Como novidades actualiza o kernel (pasando a Linux 5.0) e no apartado gráfico incorpora mesa 19.02 e X.Org Server 1.20.
Ubuntu 18.04 LTS e as versións que lle seguen manterán o seu soporte ata o ano 2023.


Sobre Ubuntu

Ubuntu é un sistema operativo de código aberto para ordenadores, unha distribución de Linux baseada en Debian. Válido para arquitecturas Intel, AMD e ARM.
Está orientado ao usuario medio, centrado na facilidade de uso e na mellora da experiencia do usuario.

Ubuntu conta con moito software distribuído baixo licenza libre ou de código aberto pero tamén usa varios controladores privativos.
O seu patrocinador, Canonical, é unha compañía británica propiedade do empresario surafricano Mark Shuttleworth. Ofrece o sistema de maneira gratuíta, e finánciase por medio de servizos vinculados ao sistema operativo e vendendo soporte técnico.


Período de actualizacións

Cada seis meses publícase unha nova versión de Ubuntu. Esta recibe soporte por parte de  Canonical durante nove meses por medio de actualizacións de seguridade, parches para bugs críticos e actualizacións menores de programas.

As versións LTS (Long Term Support), que se liberan cada dous anos, reciben soporte durante cinco anos nos sistemas de escritorio e de servidor.

Diferentes sabores de Ubuntu 18.04.3 LTS

Como ven sendo habitual nos últimos anos, paralelamente ás novas versións oficiais de Ubuntu, atoparémonos con outros sistemas baseados en Ubuntu pero con diferentes contornas gráficas a escoller por parte do usuario, cada unha con características especiais que a fan diferente do resto delas:

Ubuntu 18.04.3 LTS escritorio y servidor
Kubuntu 18.04.3 LTS
Ubuntu MATE 18.04.3 LTS
Ubuntu Budgie 18.04.3 LTS
Xubuntu 18.04.3 LTS
Lubuntu 18.04 LTS.
Ubuntu 18.04.3 LTS Netboot

Tedes máis información sobre estes sabores nestas ligazóns:
Wiki de Ubuntu
Noticias sobre o lanzamento de Bionic Beaver e os seus sabores

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This