O portal de datos abertos europeo publicou un curso sobre datos abertos que está dispoñible en varios idiomas europeos entre os que está o castelán.

Portal de Datos Abertos Europa

Este curso trátase dunha formación para calquera persoa teña ou non coñecementos previos sobre os datos abertos onde se abordan temas como para que serven os datos abertos, que son, casos de éxito e uso…

O curso publicouse, coma todo o contido da páxina europea de datos abertos, baixo a licenza CC BY-SA 4.0 e consta de 16 módulos dunha duración de entre 1 e 3 horas.

Os módulos do curso son:

  • Que son os datos abertos?
  • Aproveitar o valor dos datos abertos
  • Datos abertos: un axente de cambio
  • Por que necesitamos unha licenza?
  • Que fai que os datos abertos sexan de calidade?
  • Como medir el éxito dos datos abertos?
  • Por que debería preocuparnos a sostibilidade?
  • Coñecer as plataformas
  • Como escoller o formato correcto para os datos abertos
  • Como de útiles son os meus datos?
  • Como limpar os seus datos
  • Atopar datos ocultos na Web
  • Conectar a Web dos datos
  • Argumentos para defender os datos abertos
  • Como xestionar o cambio nos datos abertos
  • Xerar impacto a través dos datos abertos

Pode accederse ao curso mediante esta ligazón.

Fonte: http://blog-idee.blogspot.com/2019/08/curso-sobre-datos-abiertos-del-portal.html

Pin It on Pinterest

Share This