Número 41 – Boletín Software Libre na Empresa – Outubro 2020

Venres, 30 Outubro 2020

Novas

Durante este último mes no portal de Mancomún publicáronse unha nova pílula sobre ferramentas libres para empresas e unha nova entrega de Mancomún Podcast. A pílula centrouse na solución de comunicación Rocket.chat e o podcast trátase dunha entrevista a Virginia Díez de Wikimedia España.

No portal tamén se fixo eco de algúns eventos que terá lugar proximamente, case todos son eventos en liña, como as XVI Xornadas Internacionais de gvSIG ou a novena feira tecnolóxica OSHWDem, que neste ano terá que celebrarse no ciberespazo. Por último, tamén terán lugar varios cursos nas aulas da rede CeMIT, o de LibreOffice en Ribeira e o da aula de Ames que será en liña e sobre as presentacións con LibreOffice Impress.

Algunhas outras novidades no mundo do software libre son a solución do “bug ZeroLogon” coa actualización de Samba 4.13, durante este último mes tamén houbo outras novas versións de software como a versión 13 do xestor de bases de datos PostgreSQL ou o entorno de escritorio GNOME 3.38 e o peche dos servizos de Firefox Send e Notes.

Por último, algunhas novidades máis próximas a destacar son a convocatoria por parte da Amtega de máis de 300 prazas para a CODIX (Certificación Galega de Competencias Dixitais en Ofimática) ou a entrega do premio ao mellor proxecto universitario libre organizado polo CIXUG.

Proxecto destacado

logo de OSPOS
Open Source POS, tamén coñecido como OSPOS (acrónimo de Open Source Point of Sale), é unha solución para software de punto de venda.
Trátase dunha aplicación web liberada baixo a licenza MIT e desenvolvida principalmente coa linguaxe PHP e empregando o frameworks libres CodeIgniter e Bootstrap.

Mediante o seu uso pódese implantar un sistema de punto de venda para comercios, negocios de hostalería… Conta con numerosas características interesantes para os negocios como poden ser a xestión de stock e almacén, base de datos de fornecedores e clientes, rexistro de vendas e transaccións, xestión de facturas, xeración de códigos de barras, tarxetas regalos, mensaxería mediante correo electrónico e SMS e está preparado para cumprir coa lexislación europea de protección de datos, así mesmo a aplicación tamén conta con unha ferramenta de informes sobre vendas, produtos, clientes…

Dende a páxina web do proxecto tamén destaca que están abertos a implementar características solicitadas polos usuarios de OSPOS ou mesmo funcionalidades que a xente atope interesantes ter logo de probar a súa demo que está dispoñible para todos dende a web do proxecto.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal