PostgreSQL libera unha nova actualización do proxecto, co número de versión 13. Esta nova versión é o resultado de arredor dun ano de traballo por parte de todas as persoas contribuidoras ao proxecto, entre as novidades máis destacadas desta versión atópanse melloras diversas no rendemento como a eliminación de duplicados en índices de árbore B ou as optimizacións nas consultas que usan funcións agregadas, conxuntos agrupados ou táboas particionadas.

Máis información na nota da versión.

Pin It on Pinterest

Share This