Todo o mundo coñece a Wikipedia, repositorio mundial de gran parte do coñecemento humano no que calquera pode contribuír, pero non todo o mundo sabe que Wikipedia non é máis que un dos proxectos que está baixo Wikimedia.
Wikimedia reúne a 11 proxectos que permiten expandir Wikipedia, xerar coñecemento compartido en distintos formatos e mellorar o acceso á información para todo o mundo.
Autoría imaxes: By Rodelar – Own work, CC BY-SA 4.0, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=65049634, logotipo de https://www.wikimedia.es/gl/inicio-gl/
Ilustracións: Laura Asensio, todo con licenza CC BY-SA
Virginia Díez de Wikimedia España
Hoxe charlamos con Virginia Díez, Directora de Comunicacións e Políticas Públicas de Wikimedia España, para coñecer un pouco mellor estes proxectos. Virginia defínese a si mesma como activista, comunicadora e mediadora cultural con opinións propias.
Enlaces mencionados no programa
– Twitter de Virginia Díez
https://twitter.com/Gini10
– Wikipedia
https://es.wikipedia.org/
– Wikimedia España
https://www.wikimedia.es/gl/inicio-gl/
As músicas usadas neste programa foron:
– Canción “Street dancing” do grupo Timecrawler, CC BY
– Canción “Leavin The Lights” by Jason Shaw on Audionautix, CC BY 4.0
Music by Jason Shaw on https://audionautix.com/
– Efectos sonoros de Freesound (https://freesound.org/)
Podes subscribirte ao podcast a través do feed: http://feeds.feedburner.com/MancomunPodcast
E se queres levar os programas no teu teléfono, recomendamos usar a app AntennaPod. Aplicación libre e gratuíta coa que poder xestionar os teus podcasts favoritos (podcatcher).
En Mancomún apostamos polos formatos libres e abertos, polo tanto estes contidos estarán dispoñibles en formato Ogg e FLAC. E tamén nos gusta liberar os contidos que producimos con licenzas abertas, así que estes programas terán a licenza libre Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0.
A música que usemos tamén estará baixo este tipo de licencias (Creative Commons BY o BY-SA), apostando polos creadores que comparten os seus contidos coa comunidade.