Mozilla anunciou o peche de dous servizos, Firefox Notes (para a sincronización de notas) e Firefox Send (para envío de arquivos).

Estes servizos apareceron hai uns anos como experimentos de Mozilla, pero no caso de Send polo uso fraudulento para envío de malware e ataques de phishing, Mozilla decidiu pechar estes servizos.

Firefox Notes permitía sincronizar as notas con Android e en navegadores por medio dunha extensión. Os usuarios de Firefox Notes poderán facer uso dunha nova opción que incluirán para poder exportalas.

Esperamos que Mozilla continúe desenvolvendo novas aplicacións que nos fagan máis fácil a vida dixital.

Se buscas alternativas libres a Firefox Send e a Firefox Notes, no blogue de Victorhck in the free world recoméndanos usar Nextcloud, tanto para a compartición de arquivos como para a xestión de notas.

Máis información no blogue de Mozilla

Pin It on Pinterest

Share This