Do 2 ao 5 de novembro terá lugar un curso de presentacións con LibreOffice Impress. O curso está organizado pola Aula CeMIT de Ames e terá lugar en liña.
As persoas que se apunten ao curso conectaranse dende as súas computadoras para ver as sesións explicativas a través da plataforma Youtube o luns e o mércores e tamén terá titorías voluntarias usando Jitsi Meet o martes e o xoves.

Este curso con 6 horas de formación e hai prazas para 30 persoas que poderán inscrivirse na páxina web do evento.

Impress

Impress é unha ferramenta que permite a creación de presentacións ou diapositivas multimedia dun xeito intuitivo e sinxelo.

Captura de LibreOffice Impress 6.4

Imaxe obtida de https://commons.wikimedia.org/wiki/File:LibreOffice_Impress_6.4.png

Mediante o uso de Impress poden crearse diapositivas con debuxos, textos, diagramas así como diagramas vectoriais, así mesmo tamén se poden facer transicións entre diapositivas, animacións de texto e efectos multimedia.

O formato de ficheiro nativo de Impress é o ODP (Open Document Presentation), aínda que tamén pode utilizar outros formatos de presentacións. Así mesmo tamén pode exportar a presentación a diversos formatos como o PDF.

LibreOffice

LibreOffice é un conxunto completo de ferramentas de ofimática dispoñibles libremente, que inclúe un procesador de textos (Writer), folla de cálculo (Calc), presentacións (Impress), base de datos (Base), debuxo vectorial (Draw) e outras ferramentas.

O formato de ficheiro propio de LibreOffice é OpenDocument, un formato estándar e aberto que está sendo adoptado por gobernos de todo o mundo como formato de ficheiro obrigatorio para a publicación e aceptación de documentos.

LibreOffice tamén pode abrir e gardar documentos en moitos formatos diferentes, incluíndo aqueles utilizados en varias versións de Microsoft Office.

Pin It on Pinterest

Share This