• A OSHWDem celebrarase o sábado 7 de novembro.
  • Makers e entusiastas reuniranse a través de internet.

Unha ano máis terá lugar unha das feiras tecnolóxicas máis grande de España, a OSHWDem (Open Source Hardware Demonstration). Nesta ocasión terá lugar no ciberespazo. Deste xeito a novena edición non será na Domus coma en edicións anteriores e faltará ese compoñente de reunión de makers nun mesmo espazo durante un día.

Pese aos problemas e ás restricións derivadas da situación sanitaria, os organizadores do evento decidiron non cancelar o evento e trasladalo a canais virtuais a través de internet.

OSHWDem 2020

Coma sempre, a participación no evento será libre, gratuíta e para todos os públicos. Ademais, a organización está traballando a reo para que, aínda que non se comparta espazo físico, os makers poidan expoñer os seus traballos a todas as persoas que queiran asistir e así mesmo tamén poderán formular preguntas, comentarios… ao expositores.

Nesta ocasión non se poderán celebrar as competicións de robótica como se viñan celebrando, máis aínda así, a organización declara que celebrarán algún tipo de tributo ás competicións. Ademais disto durante a OSHWDem tamén se impartirán unha serie de charlas, aínda pendentes de confirmar pola organización, tento como destacada primicia unha impartida por Julián Caro Linares sobre robótica social.

A organización desta feira, coma todos os anos, é levada pola Asociación Bricolabs, que tamén conta coa axuda da Amtega grazas ao convenio de colaboración para a promoción do software libre en Galicia.

Máis información sobre o evento na páxina web do mesmo ou nas redes sociais como Twitter.

Pin It on Pinterest

Share This