Do 4 ao 26 de novembro e cun total de 21 horas lectivas, terá lugar o curso presencial do paquete ofimático por excelencia do software libre, LibreOffice. Este curso está organizado pola aula da rede CeMIT de Ribeira, aula onde se impartirán as sesións en horario de 11:30 a 13:00.

No curso, que está titulado LibreOffice: Writer, Calc, Impress“, impartirase formación das ferramentas de LibreOffice Writer, Calc e Impress, así como outras ferramentas e técnicas de ofimática como pode ser o dictado, mecanografía ou xestión de ficheiros e documentos.

LibreOffice

LibreOffice é un conxunto completo de ferramentas de ofimática dispoñibles libremente, que inclúe un procesador de textos (Writer), folla de cálculo (Calc), presentacións (Impress), base de datos (Base), debuxo vectorial (Draw) e outras ferramentas.

Libre Office

O formato de ficheiro propio de LibreOffice é OpenDocument, un formato estándar e aberto que está sendo adoptado por gobernos de todo o mundo como formato de ficheiro obrigatorio para a publicación e aceptación de documentos.

LibreOffice tamén pode abrir e gardar documentos en moitos formatos diferentes, incluíndo aqueles utilizados en varias versións de Microsoft Office.

Inscrición

A inscrición ao curso pode facerse na páxina web do evento.

Pin It on Pinterest

Share This