• Do 4 ao 6 de novembro celebraranse as “XVI Jornadas Internacionales gvSIG”
  • Nesta ocasión as xornadas terá lugar en liña
  • O lema deste ano é “Nuevas realidades, nuevas soluciones”

Jornadas gvSIG

As xornadas de gvSIG están organizadas pola Asociación gvSIG e a Escola Técnica Superior de Enxeñaría Xeodésica, Cartografía e Topográfica da Universitat Politècnica de València e trátase dun dos eventos máis importantes en España relacionados coas tecnoloxías e sistemas de información xeográfica, teñen unha periodicidade anual e este ano debido á situación sanitaria terán que celebrarse a través de internet.

Programa

Durante a celebración destas xornadas terán lugar diversas charlas e obradoiros en varios idiomas como o castelán, o inglés, o francés e o portugués. O programa completo do evento pódese consultar nesta ligazón.

Mércores 4 de Novembro

  • Conocimiento abierto para la transformación digital de la sociedad del siglo XXI por Antonio F. Rodríguez
  • Spatial Data Infrastructure and Central Address System of Uruguay by Mario Carrera
  • Explorando el potencial del generador de expresiones en gvSIG Desktop por Óscar Martínez
  • gvSIG como herramienta auxiliar para el cálculo bidimensional del riesgo de inundación por Carlos Revuelto
  • Sistema Estadual de Informações Geográficas do Estado do Tocantins por Rodrigo Sabino Teixeira Borges e Amparo Cisneros
  • Edición avanzada en gvSIG Desktop por Mario Carrera
  • Implementación de la suite gvSIG para la gestión y toma de datos, de infraestructuras de prevención de incendios forestales y bienes amenazados del municipio de Yeste por Antonio Iván Rodríguez Guerrero

Xoves 5 de Novembro

  • Advanced editing in gvSIG Desktop by Mario Carrera
  • GIS for appropriate flood risk planning towards a sustainable economic development. Case study of Khartoum State, Sudan by Almojtaba. M.H.Hassabo
  • Marco de Topología en gvSIG Desktop y nuevas reglas topológicas desarrolladas en el Google Summer of Code por José Olivas
  • Infraestructura de Datos Espaciales de Cullera: Del urbanismo a la gestión de aforos en playas por Óscar García
  • Integración de gvSIG Online con gestores de expedientes municipales por Álvaro Anguix
  • Avaliação dos Locais Adequados para instalação de uma Usina Solar no Sul do Brasil por Graciele Rediske
  • TALLER: Normalización radiométrica e índices de vegetación en mapeo de incendios por Rubén Martínez

Venres 6 de Novembro

  • Gestión de accidentabilidad con gvSIG Desktop por Joaquín del Cerro e Óscar Martínez
  • gvSIG Online for local administration por Mario Carrera
  • Suite gvSIG: Solutions libres pour la gestion territoriale par Matéo Boudon
  • SMASH: digital field mapping for everyone by Silvia Franceschi and Andrea Antonello
  • Comunicación de emergencias con gvSIG Online y gvSIG MApps por Nacho Brodín

Inscrición

A inscrición ás xornadas é de balde e a nivel de cada conferencia, ten que realizarse a través das ligazóns na páxina do programa.

gvSIG

gvSIG é un proxecto de desenvolvemento de software para Sistemas de Información Xeográfica baseado en software libre.

gvSIG Desktop foi o primeiro software que se desenvolveu dentro do proxecto gvSIG, polo que tamén se coñece como gvSIG.

Este proxecto foi inicialmente impulsado polo goberno rexional da Comunidade Valenciana de España, dentro dun proceso de migración a software libre de todos os sistemas informáticos da organización. Desde o ano 2010 a xestión e o mantemento do catálogo tecnolóxico gvSIG é levado a cabo pola Asociación gvSIG, unha asociación que engloba tanto entidades empresariais como non-empresariais.

gvSIG Desktop é un programa informático para o manexo de información xeográfica con precisión cartográfica que se distribúe baixo licencia GNU GPL v3. Permite acceder a información vectorial e rasterizada así como a servidores de mapas que cumpran a especificacións do OGC.

Pin It on Pinterest

Share This