Hoxe falamos de Rocket.chat, un centro de comunicacións moderno de software libre pensado especialmente para empresas.

Con Rocket.chat poderemos controlar as nosas comunicacións, xestionar os nosos datos e ter a nosa propia plataforma de colaboración para mellorar a produtividade do noso equipo. Rocket.Chat é escalable, gratuíto e software libre, que pode substituír o correo electrónico e mellorar os nosos fluxos de traballo dixital.

Pílula sobre Rocket.chat, centro de comunicacións

Rocket.chat

Con Rocket.chat poderemos comunicarnos e colaborar nos equipos, compartir arquivos, chatear en tempo real ou cambiar a videoconferencia ou audioconferencia rápidamente.

Mellorar a produtividade discutindo e compartindo ideas, proxectos e arquivos co chat en equipo en tempo real ou asincrónico.

Algunhas das súas características son:
– Procuras, posibilidade de audio e videoconferencia, acceso para convidados, compartir pantalla, compartir arquivos, LiveChat, LDAP Group Sync, autenticación de dous factores (2 FA), encriptación E2E, SSO, e ducias de provedores de Oauth.
– Utiliza un sistema de aprendizaxe automática para a tradución automática de mensaxes en tempo real entre os usuarios.
– A interface de usuario foi traducida a máis de 50 idiomas.
– Podemos empregar Rocket.chat directamente desde un navegador, dispón de aplicación de escritorio e tamén de aplicación para móbiles.
– Construído para empresas con altos estándares de seguridade, Rocket.Chat axústase aos estándares das empresas con información ultra sensible co que poderemos ter conversacións seguras.

Ao ser software libre, poderemos instalalo no servidor da nosa empresa. Dispoñemos de moitas opcións para a súa instalación.

Se non queremos instalar nada, poderemos probar todas as funcionalidades de Rocket.chat nunha versión de proba gratuíta de 15 días, podendo activala nesta ligazón:
https://cloud.rocket.chat/trial/

Tamén podemos probar Rocket.chat a través do CDTIC Virtual, sen necesidade de instalar nada.

Pin It on Pinterest

Share This