Novas

  • Grecia aposta polo software libre no seu portal e na plataforma de computación na nube [Ler máis...]
  • Sae á luz terceira actualización de Red Hat 8 [Ler máis...]
  • Nova versión da computadora Librem Mini [Ler máis...]
  • ONLYOFFICE libera a versión 6.0 e cambia o nome para ONLYOFFICE Docs [Ler máis...]
  • Bélxica aforra o 85% do esforzo de desenvolvemento dunha app baseándose nunha alemá [Ler máis...]
  • OpenVPN 2.5.0 [Ler máis...]
  • Collabora Online 6.4, mellor compatibilidade con OOXML [Ler máis...]
  • #42-Mancomún Podcast: Big data, software libre e CiTIUS [Ler máis...]
  • Institucións de educación superior de Irlanda comprométense co software libre [Ler máis...]
  • Gcompris cumpre 20 [Ler máis...]
  • A Amtega libera unha serie de compoñentes transversais para desenvolver aplicacións e servizos web [Ler máis...]
  • DeepSpeech 0.91, recoñecemento de voz de Mozilla [Ler máis...]
  • #43-Mancomún Podcast: María Arias de Reyna, activista do software libre e do open data [Ler máis...]
  • Nova estratexia 2020-2023 da Comisión Europea para o software libre [Ler máis...]

Formación/Eventos

Caso de éxito

Proxecto destacado

Logo de Mollet del Valles Logo de QGIS

Ajuntament de Mollet del Vallès

QGIS

Existen unha multitude de casos de éxito de QGIS en moi diversos ámbitos. O que nos ocupa neste boletín é o caso do municipio de Mollet del Vallès, en Barcelona. Nesta administración local empregaron a solución QGIS a través dunha empresa (BGEO) á que lle encargaron o desenvolvemento dun sistema de información xeográfico para a xestión das podas que se realizan en todo o concello.

A solución completa está composta por unha aplicación web e un plugin de QGIS, ambos desenvolvidas pola empresa. Mediante plugin de QGIS pódese inventariar e xestionar as árbores existentes nunha área, neste caso no municipio, aportando datos relevantes sobre elas como a súa posición xeográfica e información relevante para a poda como a especie, podendo así realizar a planificación anual das podas e do regadío así como a certificación económica destes traballos. A aplicación web está baseada en QGIS Server, OpenLayers, PostgreSQL e MongoDB e permite completar a información sobre os traballos que se van facendo polo persoal de campo.

Este caso de éxito é unha mostra do potencial que ten QGIS grazas á súa liberdade e á extensión de funcionalidades e que permite a unha administración local realizar a planificación e a certificación económica dos traballos de poda e regadío.

QGIS é unha solución de GIS (do inglés Geographic Information System) de escritorio mediante a cal se pode capturar, visualizar, analizar, modificar e compartir información xeográfica, é por tanto unha ferramenta dentro da categoría dos sistemas de información xeográfica ou SIX.

É un dos proxectos oficiais da Open Source Geospatial Foundation (OSGeo) e trátase dunha solución comunitaria e xestionada por voluntarios, onde calquera persoa pode colaborar realizando traballos de desenvolvemento, tradución, documentación... Debido a que QGIS é moi empregada no eido profesional en determinados sectores, tamén participan no desenvolvemento da ferramenta algunhas empresas que precisan arranxar problemas ou incluír novas funcionalidades, etc, estas funcionalidades nalgunhas ocasións se poden implementar mediante un engadido extra á aplicación.

Esta aplicación está dispoñible para múltiplas plataformas, entre as que se destacan GNU/Linux, Mac OSX, Windows e incluso unha versión para Android, soporta numerosos formatos de datos vectoriais, raster e bases de datos, está traducida tanto ao galego coma ao castelán e está liberada baixo os termos da licenza GPL.

Segue a

Carlos López Quintanilla (@carlospsig)
Consultor SIX e CEO en PSIG e presidente da Asociación de usuarios de QGIS España.

Pode consultar os anteriores boletíns no seu formato online a través da seguinte ligazón.

Oficina de Coordinación de Software Libre

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia - Xunta de Galicia

software.libre@xunta.es - 881 995 600