ONLYOFFICE ven de anunciar a versión 6.0 da súa suite ofimática en liña, que ademais cambia o seu nome a “ONLYOFFICE Docs”. A maior parte das novidades máis importantes son as referentes á folla de cálculo, como por exemplo a incorporación das táboas dinámicas, o formato condicional para a visualización ou a segmentación de datos para as táboas con formato. Alén das melloras nas follas de cálculo tamén se fixeron melloras nas outras aplicacións da suite que ademais foron pedidas polos usuarios como a inserción da data e hora actuais, ou as comiñas adaptables para os diferentes idiomas.

No blog do proxecto atópanse todas as novidades así como máis información sobre a nova versión.

Pin It on Pinterest

Share This