A empresa Purism acaba de actualizar a súa computadora mini chamada “Librem Mini” e que sacou á luz e marzo deste ano, como se contou nesta nova. Esta versión 2 non presenta un gran cambio para o modelo, o máis destacable é a actualización do procesador a un da nova xeración de Intel.
Polo tanto, esta nova versión mantén toda a esencia da empresa Purism, que ten un compromiso coa liberdade, a privacidade e a seguridade, polo que emprega compoñentes libres como a escolla dos firmwares que se poden configurar nos equipos, unha característica a destacar fronte a outros fabricantes que non permiten escoller este compoñente esencial das computadoras.
O novo modelo xa se atopa á venda na páxina web de Purism sobre o modelo e conta coas seguintes características:
- Procesador: Intel Core i7-10510U (Comet Lake) de 4 núcleos, 8 fíos de execución e ata 4.9GHz de frecuencia.
- Gráficos: Intel UHD Graphics 620
- Memoria: DDR4-2400, 2 ocos SO-DIMM e dende 8GB ata 64GB
- Almacenamento: Soporta un disco SATA III e outro M.2, SATA III ou NVMe
- Conexións de vídeo: HDMI 2.0 e DisplayPort 1.2 ambos 4K e a 60Hz
- Conexións USB: 4 USB 3.0, 2 USB 2.0 e outro USB C 3.1
- Conexión de son: entrada e saída combinadas nun AudioJack de 3.5mm
- Rede: conector RJ45 con Gigabit Ethernet e opcionalmente tamén se pode instalar unha placa de rede sen fíos Atheros ATH9k coa tecnoloxía 802.11n e dobre banda. Bluetooth 4.0 Ar3k tamén opcional
- Enerxía: 1 botón de acendido e conector de corrente de DC-IN
- Dimensións: 12.8 cm x 12.8 cm x 3.8 cm
- Peso: 1KG
- Firmware: coreboot e SeaBIOS ou PureBoot
- Sistema Operativo: Distribución de GNU/Linux PureOS
- Prezo: 699 $