Gcompris, conxunto de programas educativos multiplataforma e de software libre que contén un gran número de actividades para nenos entre 2 e 10 anos, cumpre 20 anos. Os requisitos de hardware necesarios son moi baixos, polo que propicia a reutilización de equipos vellos e pouco potentes.

A aplicación fíxose moi popular entre os profesores e os pais, reúne máis de 150 actividades distintas dispoñibles en máis de 20 idiomas, para aprender xogando.

GCompris está creado e mantido pola comunidade KDE, distribúese de forma gratuíta e non solicita datos persoais, nin mostra publicidade.

A celebración do 20 aniversario chega cunha nova funcionalidade: engadiuse un menú de preferencias das actividades que permite escoller entre máis de 50 actividades, facilitando unha selección máis específica do que se pode aprender nas actividades.

Tamén engadiron 4 novas actividades:
– Actividade sobre electricidade analóxica, que permite debuxar circuítos e realizar a súa simulación.
– Aprender os números e a sumar e a restar con cálculos fáciles.
– Teclado para nenos, onde cada vez que se pulsa unha tecla móstrase na pantalla e reprodúcese a súa correspondente voz, se existe.
– A gravidade, que explica mellor o concepto e é máis realista.

Vídeo

Máis información na web oficial

Pin It on Pinterest

Share This