O próximo 4 de decembro de 2020, en horario de 10:00 a 10:45, terá lugar a sesión “Aplicacións de software libre para fotografía, deseño, son e vídeo” por streaming.

O obxectivo da sesión é dar a coñecer aos asistentes ferramentas de software libre para poder traballar en temas relacionados co deseño, a fotografía, o son e o vídeo.

Charla orientada tanto para profesionais das materias tocadas (fotografía, deseño, son e vídeo) como para usuarios non profesionais. Pódese descarga o programa da xornada nesta ligazón.

Programa

Na sesión amosaranse as seguintes ferramentas:

Deseño e fotografía
– GIMP https://www.gimp.org/
– Darktable https://www.darktable.org/
– Inkscape https://inkscape.org/es/

Son
– Audacity https://www.audacityteam.org/
– Ardour https://ardour.org/

Vídeo
– VLC https://www.videolan.org/
– Shotcut https://shotcut.org/
– Blender https://www.blender.org/
– ffmpeg https://ffmpeg.org/

Organiza

Oficina de Coordinación de Software Libre da Amtega

Inscrición

Pódese facer a inscrición a través desta ligazón.

Imparte

Jorge Lama, membro do equipo da Oficina de Coordinación de Software Libre da Amtega. Formador especializado en diferentes ferramentas de software libre, fotógrafo, videografo e divulgador da cultura libre a través de asociacións como Melisa, Bricolabs e proxectos como Xeración Ñu.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This