Martes, 17 Novembro 2020 | Marcos Fernández Pichel e David Losada

#42-Mancomún Podcast: Big data, software libre e CiTIUS

Episodio 42

Atopámonos no CiTIUS, o Centro singular de Investigacións de Tecnoloxías Intelixentes da USC, onde vamos charlar con Marcos Fernández Pichel e David Losada sobre a relación entre o software libre e o Big data, a aprendizaxe automática e as tecnoloxías da linguaxe natural.

Falaremos tamén con Paula López, directora adxunta do CiTIUS, para coñecer mellor o centro.

Big data, software libre e CiTIUS

Enlaces mencionados no programa

– CiTIUS
https://citius.usc.es/

– eXtream: a System for Real-time Monitoring of Dynamic Web Sources
https://citius.usc.es/investigacion/publicacions/listado/extream-system-real-time-monitoring-dynamic-web-sources

– sci-hub
https://sci-hub.st/

As músicas usadas neste programa foron:

– Canción “Street dancing” do grupo Timecrawler, CC BY
– Canción “Leavin The Lights” by Jason Shaw on Audionautix, CC BY 4.0
Music by Jason Shaw on https://audionautix.com/
– Efectos sonoros de Freesound (https://freesound.org/)

Podes subscribirte ao podcast a través do feed: http://feeds.feedburner.com/MancomunPodcast

E se queres levar os programas no teu teléfono, recomendamos usar a app AntennaPod. Aplicación libre e gratuíta coa que poder xestionar os teus podcasts favoritos (podcatcher).
En Mancomún apostamos polos formatos libres e abertos, polo tanto estes contidos estarán dispoñibles en formato Ogg e FLAC. E tamén nos gusta liberar os contidos que producimos con licenzas abertas, así que estes programas terán a licenza libre Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0.
A música que usemos tamén estará baixo este tipo de licencias (Creative Commons BY o BY-SA), apostando polos creadores que comparten os seus contidos coa comunidade.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal