Collabora Online 6.4, última versión da implementación de LibreOffice online e dirixida sobre todo a empresas que está construída sobre a base de Collabora Office.

Novidades: nova interface cunha barra tipo notebook, mellor visualización de documentos de Microsoft Office, cambios na aparencia de Writer, Calc e Impress, a renderización das follas de cálculo foi reescrita desde cero, posibilidade de engadir anotacións nos ficheiros PDF, melloras na interoperabilidade con OOXML (DOCX, XLSX, PPTX…).

Existe unha versión de proba de Collabora Online 6.4. Esta suite pódese integrar en Nextcloud, ownCloud, Seafile e moitas das principais solucións de almacenamento e sincronización de arquivos.

Máis información na nota oficial de lanzamento

Pin It on Pinterest

Share This