Grecia aposta por solucións de software libre para o portal principal do goberno gov.gr, que está baseado nos proxectos Django e Vue.js.

As máquinas nas que se executan o software do portal tamén teñen moitos compoñentes libres como GNU/Linux, Nginx, MariaDB, PostgreSQL ou HTTP Varnish.

O uso destas tecnoloxías libres non é novidoso posto que en aplicacións web son moi frecuentemente empregadas tanto en conxunto como non. O que fai interesante esta testemuña de uso de software libre do caso grego é que o goberno, tamén ofrece ao público a súa infraestrutura de servizos públicos onde se aloxa o portal.

Okeanos (océano en grego) é o nome da plataforma de computación na nube da administración grega que comezou hai case 10 anos e que ofrece servizos de infraestrutura (IaaS) tanto para a administración pública grega como para outros proxectos. Plataformas como esta son garantía de independencia e soberanía tecnolóxica que grazas a contar con infraestrutura propia e ao software libre permite a un país como Grecia non depender dos servizos de infraestrutura na nube externos co conseguinte aforro económico e inversión en tecnoloxía e traballo interno.

Ademais, a plataforma Okeanos proporcionase na súa totalidade mediante software libre ou aberto e a súa implantación está realizada na infraestrutura do ente público GRNET.

Fonte de nova e máis información en Joinup.

Pin It on Pinterest

Share This