|
Ao ser Drupal un dos CMS máis extendidos en internet existen unha infinidade de casos de éxito del. O caso de éxito no que se centra este boletín é o da USC (Universidade de Santiago de Compostela).
Drupal está presente no novo portal da entidade educativa que se presentou a finais do ano 2019 e que foi desenvolvido pola empresa Balidea empregando Drupal 8. A funcionalidade deste portal é fundamentalmente xestionar con el a comunicación externa da universidade e concentrar toda a información que calquera persoa necesite sobre a mesma, podendo esta ser consultada dende calquera tipo de dispositivo ao tratarse dunha web "responsive", adaptada perfectamente a terminais móviles.
A iniciativa do desenvolvemento deste portal está enmarcada nun proceso xeral de renovación da imaxe institucional da USC debido á necesidade de adaptar aos tempos actuais tanto a estratexia comunicativa dixital como as tecnoloxías empregadas ate o momento e máis concretamente a páxina web tamén xurdiu da vontade de empregar software libre e unha estrutura tecnolóxica que garantise o seu carácter dinámico, adaptábel, evolucionábel e colaborativo.
|
|
Drupal é un xestor de contidos modular e moi configurable que permite despregar, configurar e publicar unha páxina web ou portal, así como agregar, eliminar ou editar os contidos do sitio web dende unha interface web fácil de utilizar, admitindo contidos en múltiples formatos como texto, imaxes, vídeos e demais ficheiros.
Drupal é un software libre licenzado baixo a GPLv2 ou superior que está escrito en PHP e JavaScript. Este proxecto destaca pola calidade do seu código e das páxinas xeradas respectando os estándares web. Está dispoñible e máis de 100 idiomas entre os que se atopan o galego e o castelán e as súas funcionalidades poden estenderse mediante a instalación e desenvolvemento de engadidos.
Drupal é un dos CMS (do inglés Content Management System) máis empregados en internet e mediante o seu uso pode implementarse case calquera tipo de sitios web, como poden ser portais comunitarios, sitios web corporativos, directorios de recursos, sitios de redes sociais, aplicacións de comercio electrónico, foros de discusión...
|