Nova versión da plataforma descentralizada para o aloxamento e transmisión de vídeo PeerTube 2.2.

PeerTube

PeerTube é unha alternativa descentralizada, libre e gratuíta, aos servizos de difusión de vídeo actuais (rede de pequenos anfitrións de vídeos interconectados), e que ten como obxectivo ofrecer algo máis, con diferentes valores.

Peertube está financiado por unha organización francesa sen ánimo de lucro: Framasoft. Peertube non está suxeito a ningún monopolio corporativo, non depende dos anuncios e non te rastrexa.

Calquera pode aloxar un servidor de PeerTube, tamén coñecido como instancia. Cada instancia alberga aos seus usuarios e os seus vídeos. Desta maneira, cada instancia é creada, moderada e mantida independentemente por varios administradores.

Novidades de PeerTube 2.2

– Nova opción para importar arquivos de son (permite distribuír arquivos de son ou podcasts, podendo asociar unha imaxe ao arquivo).
– Mellora no panel de procura.
– O botón Configuración agregouse ao menú no lado esquerdo da pantalla.
– Pódense arrastrar arquivos en lugar de usar o menú «Seleccionar arquivo».
– Nova interface para administrar vídeos, para a moderación e para a edición de texto.

– As notificacións por correo electrónico teñen a posibilidade de utilizar o marcado HTML.
– Tres complementos para a autenticación con LDAP, OpenID e SAMLv2.
– Información adicional sobre o arquivo na xanela de descarga.
– API mellorada para controlar a reprodución dos vídeos incrustados en sitios.

Melloras futuras

De xuño a novembro de 2020, Framasoft desenvolverá novas características e melloras para PeerTube. Estes desenvolvementos son financiados por doazóns feitas a Framasoft.

As melloras dividiranse en 4 pasos,cada unha co seu propio calendario e custo:

– Paso 1 ao acadar 10.000€. Procura global a través do fediverso.
– Paso 2 ao acadar 20.000€. Moderación.
– Paso 3, 40.000€. Plugins e listas de reprodución.
– Paso 4, 60.000€. Transmisión en vivo.

Se queredes contribuír con estas melloras, podedes facelo a través desta web.

Máis información na nota de lanzamento oficial

Pin It on Pinterest

Share This