Aberto o rexistro á Akademy 2020

Luns, 22 Xuño 2020

Como outros tantos eventos este ano, a reunión internacional da comunidade KDE, será virtual. O evento terá lugar a principios de setembro, dende o venres 4 ate o venres 11, aínda que como é tradicional na Akademy as principais actividades terá lugar durante os 3 primeiros días da fin de semana.

Unha das vantaxes de que este ano os eventos pasen a ser virtuais é que non se engaden a necesidade de desprazamento, polo que se poderá asistir aos mesmos dende a casa. O rexistro á Akademy 2020 pode facerse dende esta ligazón.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal