A mediados de xullo terá lugar a DrupalCon no ciberespazo

Luns, 22 Xuño 2020

Drupal é un dos CMS, ou xestores de contidos, máis estendidos en internet que destaca pola súa versatilidade e respecto dos estándares de internet. O maior evento da comunidade entorno ao proxecto Drupal, a DrupalCon, terá lugar dende o 14 ao 17 de xullo, desta volta debido á situación de pandemia que estamos vivindo, o evento será global e discorrerá no ciberespazo.

A DrupalCon é un evento internacional que brinda a oportunidade de xuntar a todas as persoas da comunidade de Drupal, dende usuarios, desenvolvedores, deseñadores, tradutores e calquera tipo de colaboradores do proxecto. Entre os obxectivos desta conferencia están, dende a formación e a difusión de novidades sobre o proxecto Drupal, ata eventos de “networking”, pasando por reunións de equipos de traballo… Este ano, todas as actividades do evento serán virtuais para evitar así posibles transmisión do covid-19, pero todos os voluntarios do evento poñen e poñerán o empeño en manter unha experiencia similar aos eventos previos.

Axenda do evento

Durante o evento terán lugar sobre 100 sesións de todos tipo, impartidas por persoas de relevancia no mundo do software libre, como poden ser o fundador de Drupal (Dries Buytaert), a de Mitchell Baker (presidenta de Mozilla Foundation) ou a vicepresidenta de relacións cos desenvolvedores e educación de MongoDB Grace Francisco.

As conferencias son arredor do proxecto Drupal, pero non está centradas exclusivamente en Drupal e aa temática das mesmas é variada e para todos os públicos, dende a participación humana, comunidade e contribuidores, ata que será o novo que ven tanto en Drupal como na innovación e tecnoloxía en xeral, pasando por tópicos como o márketing dixital, cuestións máis técnicas de desenvolvemento ou infraestrutura, así como temas de deseño, accesibilidade ou mesmo lideranza, xestión e negocios.

Algunhas das charlas e actividades do evento serán nunhas horas e datas determinadas, pero noutras, os asistentes poderán escoller o horario que lles sexa mellor para participar e ter acceso ao contido baixo demanda.

Rexistro e prezo

O evento ten un prezo ordinario de 249 dólares e inclúe o acceso a todos os eventos da conferencia, dende os eventos en directo como á biblioteca de vídeos para acceder ao contido en calquera momento, así como aceso a certos beneficios e ofertas para os asistentes por parte dos patrocinadores.

Asimesmo o evento conta con un programa de bolsas e descontos para colectivos con problemas económicos, infrarrepresentados, etc para axudar a que lles sexa máis fácil asistir á conferencia.

O rexistro ao evento xa está aberto nesta ligazón.

 

Para máis información pódese visitar a páxina web do evento nesta ligazón.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal