A Xunta de Galicia cedeu todos os seus datos cartográficos para o seu emprego en openstreetmap (proxecto aberto e colaborativo para crear mapas libres, gratuítos e editables).

Pódese ver a publicación no twitter oficial do Instituto de Estudos do Territorio (@iet_xunta):
https://twitter.com/iet_xunta/status/1268821822612652034

Isto suporá un gran avance para os mapas libres, xa que poderán ser importadas todas as parroquias, ríos e outros datos de interese da seguinte páxina:
http://mapas.xunta.gal/portada

Cesión dos datos do IET a OpenStreetMap

Tras unha solicitude, o “Instituto de Estudos do Territorio” (IET) da Xunta de Galicia asinou as licenzas que otorgan permisos á comunidade para integrar os seus datos en OSM.

Nesta páxina detállase o proceso de importación. A descrición do proxecto para obter permiso na comunidade para ser importado está descrito en IET Import.

As categorías de datos importados son:
– Entidades poboacionais
– Límites administrativos
– Parroquias
– Hidrografía
– Rede de transporte
– Camiño de Santiago
– Espazos naturais protexidos

Máis información na wiki de OSM

Pin It on Pinterest

Share This