Contidos liberados con recomendacións de seguridade fronte ao COVID-19

Mércores, 17 Xuño 2020

A AMTEGA, a través da Rede CeMIT, pon a disposición a través dunha licenza libre, Creative Commons Atribución-CompartirIgual 4.0 Internacional, unha serie de materiais de elaboración propia que foron xerados a raíz da situación sanitaria provocada polo COVID-19.

O material liberado consta de carteis con recomendacións en materia de seguridade e hixiene de cara ao uso das aulas e espazos comúns da Rede CeMIT, así como unha plantilla de documento para a elaboración de guías, todos eles preparados para a súa reutilización por parte de calquera outra entidade, tamén se publican en versión editable (en formatos estándar aberto ODF).

Pódense descargar os contidos a través desta ligazón, tanto en idioma galego como en español.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal