Blender 2.83, primeira versión LTS desta solución para 3D

Xoves, 11 Xuño 2020

Os próximos dous anos como parte do programa de apoio a longo prazo, Blender 2.83 LTS proporcionará o rendemento e a estabilidade necesarios para os proxectos máis importantes relacionados co modelado, iluminación, renderizado, animación, creación de gráficos 3D, escultura e pintura dixital.

Blender 2.83 é a primeira versión LTS da súa historia.

As novas características inclúen soporte para RV, importación OpenVDB, eliminación de ruído OptiX e unha nova ferramenta para físicas.

Novidades de Blender 2.83

– Blender 2.83 introduce máis de 1250 correccións.
– Capacidade de importar OpenVDB, formato desenvolto por DreamWorks Animation.
– O motor de renderizado Eevee admite agora pases de renderizado, normais de alta calidade, transparencia do cabelo e outras melloras.
– Rendemento mellorado.

Vídeo coas novas características


Máis información na nota oficial

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal