|
Nagios Core é unha das solucións de monitorización de sistemas libres máis empregadas. Polo que existen unha morea de entidades que a usan para ter a infraestrutura informática baixo control. Na páxina web do proxecto hai unha sección onde se poden consultar diversos casos de éxito e testemuños.
O caso que de éxito destacado neste boletín é o do observatorio radioastronómico nacional dos Estados Unidos (NRAO) financiado pola National Science Foundation. Nagios Core é empregado por múltiplos departamentos do observatorio, aínda que principalmente polo departamento de Enxeñaría de Redes no que vixían e monitorizan un conxunto de 300 servizos e 250 equipos compostos por servidores de produción, switches e routers.
|
|
Nagios é unha solución de monitorización de software libre. Tamén é coñecida como Nagios Core, debido ao modelo de negocio "Open Core", xa que o que é libre é o núcleo de Nagios coas funcionalidades básicas e logo existen outros produtos que empregan ese núcleo para implementar características máis avanzadas ou personalizadas mediante o cal Nagios Enterprises cobra o servizo de subscrición.
Nagios permite a monitorización de calquera equipo, servizo ou infraestrutura de rede. A forma de funcionar de Nagios é tendo uns plugins que son os que executan e realizan as medicións do parámetros configurados e envían o resultado ao núcleo de Nagios que presenta os datos mediante unha aplicación web e tamén se encarga de enviar as alertas polos medios que teña configurado.
|