Un ano máis chega á cidade da Coruña unha das feiras de tecnoloxías abertas máis grande de España, a OSHWDem 2019.

OSHWDem (Open Source Hardware Demonstration) é unha feira de tecnoloxía onde se expoñen únicamente proxectos libres, é dicir, que as súas especificacións, esquemas e código foron publicados, de forma que calquera poida estudalos, entender o seu funcionamento, replicalos e mesmo melloralos…

Organizada por xente da Asociación Bricolabs, é un encontro onde makers de toda España (e algún do estranxeiro) expoñen as súas creacións relacionadas coa robótica, arte, Internet das Cousas, electrónica, hardware, software, ou calquera tema relacionado coas novas tecnoloxías.


A entrada é libre e gratuíta, para todos o públicos.

A feira terá lugar o sábado 9 de novembro, no Museo Domus da Coruña, na que participantes e asistentes de todas as idades poderán desfrutar dunha xornada divertida e creativa.

Competicións 2019

Un dos pratos fortes da xornada son as competicións de robótica. Tanto participando co noso robot ou asistindo como espectadores, poderemos desfrutar de como os participantes resolven complexos labirintos, enfróntanse en loitas de xeito autónomo ou fan carreiras.

Na OSHWDem 2019 teremos as clásicas competicións de segue liñas de iniciación, os combates de minisumo, o desafío do labirinto, área de combate e a HEBOCON, pero tamén novidades.

Novidades desta edición

Este ano contan con varias novidades neste apartado de competicións, a máis destacada é que os robots deben ser Hardware de Fonte Aberta (OSHW) continuando coa filosofía da propia feira.

Os deseños dos robots teñen que estar publicados para que calquera persoa poida estudar, modificar, distribuír, materializar e vender, tanto o orixinal como outros obxectos baseados nese deseño. Deste xeito poderás optar aos premios das competicións.

Nova modalidade de robots velocistas, á que chamamos velocistas de persecución, onde dous robots corredores compiten ao mesmo tempo nunha carreira por ver quen é o máis rápido.

A participación é libre e gratuíta.

Toda a información relativa ás competicións nesta páxina, xunto cos horarios e o formulario de inscrición.

Fixéronse pequenos cambios nas normas deste ano, podedes acceder aos regulamentos das competicións nesta web.

Entrevista aos organizadores da OSHWDem

Se queres saber máis sobre as novidades nas competicións e coñecer os talleres e charlas que van ter lugar na feira, podes escoitar o programa de Bricolabs Podcast onde a xente da organización da OSHWDem comenta todo isto en profundidade:

Archive.org
12 – Especial OSHWDem, adelantamos lo que veremos en la edición 2019

 

Spotify
12 – Especial OSHWDem, adelantamos lo que veremos en la edición 2019

 

iVoox
12 – Especial OSHWDem, adelantamos lo que veremos en la edición 2019

Publicación dos talleres e charlas

Os talleres e charlas publicaranse nesta web, permanecede atentos á web e ás redes sociais da OSHWDem para poder conseguir unha praza a tempo:
Twitter da OSHWDem
Facebook

Chamada a Voluntarios

Para conseguir que a feira sexa un éxito, necesítase a colaboración de voluntarios que poidan axudar ese día, por iso a organización fixo este chamamento para que a xente se apunte a participar:
Chamamento a voluntarios para a OSHWDem

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This