Xa temos dispoñible OpenSSH 8.1 (ferramenta de conexión para o inicio de sesión remoto co protocolo SSH, cifra todo o tráfico para eliminar escoitas clandestinas, evitar secuestro de conexións e outros ataques).

Novidades: solución da vulnerabilidade que afecta a ssh, sshd, ssh-add e ssh-keygen (clave privada co tipo XMSS que permite ao atacante iniciar un desbordamento), agregouse código que impide a recuperación da clave privada situada na RAM como resultado de ataques a canles de terceiros como Spectre, Meltdown, RowHammer e RAMBleed, adición da capacidade de utilizar PKCS8 como formato alternativo para almacenar claves privadas no disco, entre outras.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This