Anunciouse a dispoñibilidade de PostgreSQL 12.0 (sistema de xestión de bases de datos relacional orientado a obxectos de código aberto e multiplataforma, publicado baixo a licenza PostgreSQL, similar á BSD ou a MIT, e unha das mellores solucións no seu ámbito).

É usado por empresas como VMware, Fujitsu, Yandex, IBM, Amazon Web Services, Google e Rackspace.

Novidades de PostgreSQL 12.0: melloras no rendemento (redución dun 40% de media na utilización de espazo), habilitación do compilador JIT por defecto, soporte para expresións de ruta de JSON, inclusión de soporte para a xeración de columnas, melloras na internacionalización, optimizacións nas consultas coa expresión de táboa común ‘WITH’, entre outras.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This