A principios de outubro, Etalab lanzou na rede un repositorio de software do sector público francés que se pode ver nesta ligazón.

Esta nova plataforma trátase dun listado que enumera o software que utilizan as administracións públicas francesas coa característica de que o código fonte dos mesmos está referenciado, neste listado tamén se poden aplicar filtros e facer procuras.

Aínda que de momento se trata dun sitio en fase de probas é unha iniciativa na que xa hai máis de 3000 solucións das que a maior parte delas son proxectos con licenzas libres. Así mesmo é unha idea que aporta maior información e transparencia aos contribuíntes franceses sobre que software se está a empregar por parte das administracións e é un paso máis cara o goberno aberto.

O portal está xestionado por Etalab, incluída a incorporación dos proxectos, aínda que todas as administracións francesas poden dar de alta as súas solucións mediante a creación de tickets de soporte no repositorio onde se aloxan os metadatos do propio portal.

Adicionalmente todas as solucións que se dan de alta no sitio francés tamén se dan de alta no sitio global Software Heritage.

Etalab

Etalab é unha iniciativa enmarcada dentro da DINSIC (Dirección Interministerial do Sistema Dixital e Información e Comunicación do Estado Francés) e que pretende mellorar o servizo público de Francia mediante a realización dunha política aberta de datos, así como promover unha actuación pública máis transparente e colaborativa a través da tecnoloxía dixital avanzando así cada un goberno aberto. Dende esta iniciativa tamén desenvolven o portal de datos abertos de Francia.

Pin It on Pinterest

Share This