Python 3.8 está listo (linguaxe de programación interpretado e de código aberto).

Chega con novas funcións e melloras: uso de expresións de asignación para simplificar algunhas construcións de código, aplicación de argumentos de só posición nas funcións, especificación de suxerencias de tipo máis precisas, uso de f-strings para unha depuración máis sinxela, novas e melloradas funcións matemáticas e estatísticas, advertencias sobre sintaxe perigosa, optimizacións.

E seguindo con Python, a Python Software Foundation anunciou:

“O 1 de xaneiro de 2020 será o día en que terminará Python 2 … deberías pasar a Python 3 canto antes.”

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This