Sesión demostradora presencial no CDTIC sobre a solución Zabbix + Grafana, que terá lugar o 30 de outubro de 16:30 a 18:30.

A sesión demostradora está organizada por Amtega e Agasol SwL e coa colaboración da empresa Muutech Monitoring Solutions S.L.


A predición de erros grazas a unha ferramenta como Zabbix, axuda á mellora de dispoñibilidade de sistemas do seu negocio e aforra tempo na resolución de incidencias.

Grazas a unha visualización moi sinxela e simplificada, podemos encontrar a orixe do problema e corrixilo antes de que ocorra.

Ademais, permítelle adaptar a infraestrutura de empresa en base a datos, o que afecta directamente na conta de resultados.

Zabbix

Zabbix é unha ferramenta de software libre para monitorización de redes. Permite monitorizar e rexistrar o estado de varios servizos nunha rede de ordenadores, servidores ou hardware da propia rede. Está dispoñible baixo a licenza de software Libre GPL.


Entre as súas características destacan:

– Verificar a dispoñibilidade e nivel de resposta de varios servizos como por exemplo servizos web ou de correo.
– Permite obter estadísticas como carga dunha CPU, uso de disco, ancho de banda da rede…
– Permite monitorizar servizos a través de protocolos como SNMP, TCP, ICMP ou SSH e telnet.

Grafana


Grafana é software libre multiplataforma, baseado na licenza Apache que permite a visualización e o formato de datos métricos.

Permite crear cadros de mando e gráficos a partir de múltiples fontes, incluídas bases de datos de series de tempo como Graphite, InfluxDB e OpenTSDB.


Ademais de administrar cadros de mando clásicos (adicións, eliminacións, favoritos), Grafana ofrece compartir un cadro de mando mediante a creación dunha ligazón ou unha instantánea estática do mesmo.

A ferramenta ofrece a posibilidade de configurar alertas e de funcionar con Docker.

A quen está dirixido?

Responsables de sistemas de IT e Xerentes.

Programa

– Presentación de Muutech. Quen somos?
– Problemática e camiño cara á industria 4.0 e a dixitalización
– Pausa café
– Plataforma de supervisión baseada en Zabbix e Grafana – MINERVA
– Casos de uso reais

Inscrición

Pódese facer a inscrición a través desta web.

Imparte


Muutech Monitoring Solutions S.L.

Muutech é unha empresa que brinda solucións de supervisión avanzada enfocada, ademais de a contornos de sistemas de información, a contornos industriais e de produción. Teñen unha plataforma de supervisión baseada en estándares de software libre, así como desenvolvementos propios, cuxa misión é a recollida e a visualización de datos de forma sinxela provenientes de diversas fontes: máquinas industriais, autómatas, sensores, ERP, bases de datos, servidores, equipos de rede…

Organiza

Amtega, Agasol SwL e Muutech Monitoring Solutions S.L.

Agasol


Iniciativa de empresas galegas de software libre que se agrupan nunha asociación para intentar acadar maiores oportunidades de negocio, exercer como interlocutores dun sector en fase expansiva en Galicia e, ao tempo, promover un modelo de sociedade do coñecemento no que resulta clave a liberdade para mellorar os programas informáticos e facer públicos e accesibles eses progresos.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This