Novas

  • Migración do Concello de Pasaia a software libre [Ler máis...]
  • Iniciativa de Internet de Próxima Xeración da Comisión Europea [Ler máis...]
  • Publicado un novo artigo sobre a industrialización con Hardware Libre [Ler máis...]
  • Todos os segundos martes de mes Galpon resolve dúbidas a usuarios noveis en Vigo [Ler máis...]
  • Aberta a inscrición ó FLISoL 2019 A Coruña [Ler máis...]
  • Comeza unha nova edición de Coruña Hacks o sábado 6 de marzo con espazo para a rapazada [Ler máis...]
  • Xornada sobre tecnoloxía SDR (Radio Definida por Software) [Ler máis...]
  • O programa Google Summer of Code premiará a estudantes que traballarán en máis de 200 organizacións de software libre [Ler máis...]
  • Ebook OpenExpo Tendencias Open Source e Software Libre 2019 [Ler máis...]

Formación/Eventos

Caso de éxito

Proxecto destacado

Universidad de Sevilla Logo de oVirt

Universidad de Sevilla

oVirt

oVirt conta con casos de éxito en diversos ámbitos, na páxina web do proxecto pode verse unha mostra dos mesmos. O caso que dende Mancomún se destaca este mes é o da Universidade de Sevilla a cal conta con arredor de 60.000 estudantes e na que utilizaban solucións privativas para contar con escritorios virtuais para os estudantado resultándolles esta excesivamente cara.

No curso académico de 2011/12 estrearon unha nova plataforma de virtualización baseada en oVirt implementada pola empresa Virtual Cable. A migración a esta infraestrutura comezou cun piloto de 180 escritorios co que se demostrou a solvencia tecnolóxica do proxecto que actualmente utilizan máis de 3.000 estudantes accedendo tanto internamente dende a universidade coma dende fora dela.

oVirt é unha plataforma de virtualización libre mediante a cal se pode xestionar por completo a infraestrutura de virtualización dunha organización. O proxecto foi iniciado por Red Hat e inclúe todas as pezas necesarias para a virtualización, dende o hipervisor ata a interface de xestión do centro de datos podendo realizar a xestión da infraestrutura conformada polos proxectos libres KVM, Gluster, PatternFly e Ansible.

Entre as funcionalidades de oVirt máis destacadas están a de ter unha interface web de administración mediante a cal se poden xestionar e configurara a rede, o almacenamento e as máquinas que conformen o centro de datos. Permite a migración de máquinas e discos virtuais entre máquinas físicas sen apagalas e permite a alta dispoñibilidade de máquinas.

Con todo isto oVirt é unha alternativa libre a outras plataformas de xestión de infraestrutura virtual como pode ser vmware tendo a unha empresa como Red Hat detrás.

Segue a

Sandro Bonazzola (@SandroBonazzola)
Team manager de oVirt e Red Hat Virtualization en Red Hat.

Pode consultar os anteriores boletíns no seu formato online a través da seguinte ligazón.

Oficina de Coordinación de Software Libre

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia - Xunta de Galicia

software.libre@xunta.es - 881 995 600