O próximo 26 de marzo na Cidade da Cultura, AGASOL e o Cluster Tic Galicia organizan unha xornada demostradora das solucións SUSE Enterprise Storage e da Plataforma CaaS de SUSE (distribución de Kubernetes certificada pola Cloud Native Computing Foundation).

SUSE achegará claves e novidades na xornada, para afrontar o reto da transformación dixital das empresas dunha forma áxil, de fácil xestión, reducindo gastos e dependencias de provedores, cunha solución de almacenamento intelixente e de software aberto.

Podedes consultar os horarios e descrición das charlas, así como rexistrarvos ao evento nesta ligazón.

Pin It on Pinterest

Share This